miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA


     Hoxe tocou conmemorar a unha das nosas grandes escritoras. Tras escoitar  "Has de cantar" os nenos e nenas tiñan que identificar que debuxos aparecían na canción.



miércoles, 10 de febrero de 2021

ENTROIDO

Chegou a época do ENTROIDO. Estivemos escoitando unha canción de O entroido move o corpo de Paco Nogueiras. Logo, os nenos e nenas tiñas que buscar a palabra "entroido" e rodear as partes do corpo e as prendas de vestir que aparecían na canción.

https://www.youtube.com/watch?v=1U6Qdd6yGq0





Outra actividade que fixemos foi a de unir cada disfraz cos seus complementos.



Tamén fixemos un xogo de Eugenia Romero:





Que divertido é recitar poemas, por iso escollemos este que acompañamos con pictogramas de arasaac e con imaxes. 







SON "Z/C"

 Seguimos traballando o son Z/C posto que hai moitos nenos e nenas que o confunden co son S. Esta actividade elaboreina tomando como referencia algunhas ideas da páxina "soyvisual".





domingo, 7 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

 Hoxe veu a doutoura Esperanza. Os nenos e nenas fixeron un botiquín con algunhas menciñas imprescindibles para que a paz se manteña en perfecto estado. Entre tod@s elaboramos un tratamento para ter en conta no caso de que a paz e a armonía se vexan alteradas.