miércoles, 22 de junio de 2022

 Remata un curso máis. Foron moitas as vivencias que compartimos  este ano no que por fin, puidemos empezar a disfrutar un pouco desas pequenas cousas que o covid nos roubou.

O alumnado de 6º vaise do cole deixando unha gran pegada no corazón. Botareivos moito de menos. Deséxovos o mellor nesta nova andanza e xa sabedes que sodes uns grandes heroes e heroinas de capa e corazón.



viernes, 17 de junio de 2022

Esta semana o alumnado de 6º tivo a sesión de estimulación da linguaxe no patio, aproveitando que facía bo tempo. Por equipos debían superar distintas probas e descubrir dúas mensaxes segredas. Foi moi divertido.  




                           




jueves, 2 de junio de 2022


A semana pasada, entre todos e todas propuxemos distintas actividades para programar a Verdecontos, entre as actividades estaba dicir as vogais, as estacións, títulos de contos, palabras que comezaran co son "s" ou con "c/z".