viernes, 26 de marzo de 2021

RIMANDO

 Traballamos o conto rimado "¡Julieta, estate quieta!" Despois da súa lectura fixemos un xogo interactio e unha actividade onde tiñan que asociar os nomes dos personaxes coas súas imaxes.




XOGO: https://learningapps.org/display?v=p54nkymet21


SON "S"



 Esta semana tocou o fonema /S/.  O alumnado escoitou o conto e a canción da serpe Sisí (Xogando cos sons). Logo pintamos a serpe recordando como debemos colocar a nosa lingua para dicir o "s" de forma correcta. Tamén xogamos a dicir palabras que levaban este son.









Outra actividade foi recortar 5 imaxes e pegalas ao lado das bocas correspondentes segundo a sílaba pola que empezan os nomes. 


           

miércoles, 10 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 Coa chegada do día da muller traballadora e para fomentar a igualdade entre mulleres e homes e a eliminación de estereotipos vinculados ao xénero, fixemos diversas actividades.

Comezamos co conto  "Cuando las niñas vuelan alto" e logo completamos o debuxo no que aparecían diversos corpos asociados a distintas profesións. 


Finalmente tamén cantamos unha canción na que se ensina que si ti es unha muller tamén podes facer o que te propoñas. Podes escoitala se pinchas no enlace. 

Se ti es unha muller